venres, 29 de maio de 2015

Obradoiro de Electromagnetismo

O xoves 21 de maio andivemos a voltas co tema do electromagnetismo e a importancia que ten a magnetosfera para a existencia da vida no noso planeta. Ademáis, a posibilidade de orientarse grazas a rápida localización do norte co uso dunha brúxula, permitiu ao ser humano atravesar grandes distancias sen perderse.

Grazas á colaboración de Sonia Ríos, a profesora de Física do Instituto, puidemos facer unha chea de experimentos para comprender as propiedades magnéticas de certos obxectos e a súa relación cos campos eléctricos.


Observamos as liñas dos campos magnéticos grazas a un imán e limaduras de ferro.





Comprobamos como xerando unha carga eléctrica en movemento podemos magnetizar un ferro.


Tamén puidemos comprobar como unha carga magnética desvía a súa traxectoria cando se achega a un campo magnético.





E por último aprendimos a construir unhas brúxulas:



Se queredes saber máis sobre o electromagnetismo e as propiedades electromagnéticas da Terra podedes ver este vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=DwshhZq6T8Q

Ningún comentario:

Publicar un comentario